Pages

domingo, 12 de abril de 2015

Palíndromos

Palíndroma, palíndromo:
Adxectivo.
[Palabra, verso etc.] que pode lerse indistintamente de dereita a esquerda e de esquerda a dereita sen que cambie o sentido. Versos palíndromos. ‘Aba’ é unha palabra palíndroma.
Tamén substantivo masculino.
O primeiro verso do poema era un palíndromo. 
***
 Montaxe dun matón montando no monte:
Oso común e nu mocoso.

 

*** 
Frederick Daniel Hardy, "Old lady reading by a fire" 1852
Ela mira a rima, le.


***
Estou en contra, pero como se le igual do revés estou a favor...
Si a mollar a cona no carallo máis.


***
Compostela, 27 de Marzo 2015
Aí varias saír á vía.


***
Si, o verbo "ir" está en pasado, as serpes duran pouco no trullo...
 Aí a serpe presa ía.


***
A mancheas, paga Marcial.
O tío mete moito.


***
Roñóns, roñóns everywhere...
O señor non roñe só.


***
Dous por un. Non é unha oferta, falo do palindromo.
O da nena anenado...
...e no nene, porén, é xénero pene. Non é?

  
***
 Recoñézoo, atopei a foto buscando "muller mexando pedra" no google.
Eva, ela mexa lá na laxe, mal e a ve.


*** 
 Anacronismos modernos.
E fale el a fe.


2 comentarios:

  1. Moi bos os palíndromos! Parabéns por eles e polo blog.
    Dediqueilles unha entrada:
    http://xogosdelingua.blogspot.com.es/2015/04/pon-un-palindromo-na-tua-vida.html
    Un saúdo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas por compartir a entrada! ;) E parabéns tamén polo blog, é bo saber que sigue habendo galegas que xogan e analisan coa súa propia língua, algo que se bota en falta na rede...

      Eliminar