***
Que non cho teñan que dicir.
Raro se len, e saiba, se ela le é sabia sen eles orar.
***
O corrupto de moda. Sempre hai un.
Oirá reo o erario.
Oe reo?
Non oio, non.
***
Imaxes en extinción.
Sal levo, e ovellas.
***
Lóstregos. Hai quen treme, outras gozamos.
Oda pra nós, son arpado.
***
Xosé Humberto Baena foi un dos últimos fusilados polo estado español. (Daniel era o seu nome na clandestinidade)
Oe? Con lei nada dará, ma. Camarada Daniel no ceo.
***
Á do medio non a saúda ninguén, miña pró...
Ser tres e saúdas a dúas, e ser tres.
***
O meu palíndromo favorito. Nefario e orgulloso:
Oír a fe noiesa nin eu, que nin a sei. (O Nefario)
***
O máis difícil dos palíndromos non é facelos, se non contextualizalos, de aí que teime no de facer imaxes e ás veces non pareza ter moito sentidiño. Pero hai algúns que mellor darse por vencido:
E base sae do seu, que só dea se sabe.
Contextualízao ti que a min dame a risa.
***