Pages

sábado, 2 de abril de 2016

Palíndromos III

***
...ex nihilo...
(Na imaxe, Bosón de Higgs)
A nada non a dana


***
Na eira...
Ide, Mari e Ana levan a vela na eira me di.


***
Tan sinxelo como incomprensíbel para algúns...
(Na imaxe, Conas Ceives)
Non é non!


***
Por este debéranme dar un premio á contextualización mother of paint...
A roda do pan na podadora


***
Sen que sirva de precedente vai un en reintegrado...
(Na imaxe, cadea humana de Ceivar na véspera do día da Patria)
Moça na data da naçom


luns, 11 de maio de 2015

Palíndromos II

***
Que non cho teñan que dicir.
Raro se len, e saiba, se ela le é sabia sen eles orar.


***
O corrupto de moda. Sempre hai un.
Oirá reo o erario.
Oe reo?
Non oio, non.


***
Imaxes en extinción.
Sal levo, e ovellas.


***
Lóstregos. Hai quen treme, outras gozamos.
Oda pra nós, son arpado.


***
Xosé Humberto Baena foi un dos últimos fusilados polo estado español. (Daniel era o seu nome na clandestinidade)
Oe? Con lei nada dará, ma. Camarada Daniel no ceo.


***
Á do medio non a saúda ninguén, miña pró...
Ser tres e saúdas a dúas, e ser tres.


***
O meu palíndromo favorito. Nefario e orgulloso:
Oír a fe noiesa nin eu, que nin a sei. (O Nefario)


***
O máis difícil dos palíndromos non é facelos, se non contextualizalos, de aí que teime no de facer imaxes e ás veces non pareza ter moito sentidiño. Pero hai algúns que mellor darse por vencido:
E base sae do seu, que só dea se sabe.
Contextualízao ti que a min dame a risa.
***

domingo, 12 de abril de 2015

Palíndromos

Palíndroma, palíndromo:
Adxectivo.
[Palabra, verso etc.] que pode lerse indistintamente de dereita a esquerda e de esquerda a dereita sen que cambie o sentido. Versos palíndromos. ‘Aba’ é unha palabra palíndroma.
Tamén substantivo masculino.
O primeiro verso do poema era un palíndromo. 
***
 Montaxe dun matón montando no monte:
Oso común e nu mocoso.

 

*** 
Frederick Daniel Hardy, "Old lady reading by a fire" 1852
Ela mira a rima, le.


***
Estou en contra, pero como se le igual do revés estou a favor...
Si a mollar a cona no carallo máis.


***
Compostela, 27 de Marzo 2015
Aí varias saír á vía.


***
Si, o verbo "ir" está en pasado, as serpes duran pouco no trullo...
 Aí a serpe presa ía.


***
A mancheas, paga Marcial.
O tío mete moito.


***
Roñóns, roñóns everywhere...
O señor non roñe só.


***
Dous por un. Non é unha oferta, falo do palindromo.
O da nena anenado...
...e no nene, porén, é xénero pene. Non é?

  
***
 Recoñézoo, atopei a foto buscando "muller mexando pedra" no google.
Eva, ela mexa lá na laxe, mal e a ve.


*** 
 Anacronismos modernos.
E fale el a fe.